Na reunión do Luns 3 decidíronse as seguintes cuestións:
- Incluír na orla ao secretario da Facultade, Javier Iglesias
- Invitar ao acto á Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, á de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e ao Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Salustiano Mato
- Poñer unhas listas para quen quera contribuír nun agasallo a J.Luis López, que se lle entregará no acto
- Realizar a elección do Padriño mediante un sistema de dupla votación escrita (ver a entrada do blog ao respecto disto)
- Realizar, conxuntamente coa elección do Padriño, a votación do representante que leerá o discurso dos alumnos
Ademais, expuxéronse tres posibilidades para a cea (Os Robles, Hotel NH e Gran Hotel). Descartouse a posibilidade do NH e se pospuxo a decisión final ata o próximo luns, por se aparece algunha nova oferta interesante.
martes, 4 de diciembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada