jueves 4 de diciembre de 2008

Cea Nadal

Despois de tanto tempo a xente comenta que xa é hora de volver reunírmonos nunha cea... así que dito e feito!
Cea de Nadal o Xoves 18! En principio será no 16, no mesmo sitio que a primeira Recea, e cun menú e prezo semellante.
Precisaríamos confirmar a asistencia (por comentario neste blog, mail a bioloxia007@gmail.com ou aviso directo a David Villar) antes do luns 15.
Vémonos!

miércoles 2 de julio de 2008

Segunda Recea

A segunda recea terá lugar o día 4 de Xullo ás 22.15 aprox no restaurante "Las cien islas" (Praza de Vigo, esquina Rosalía de Castro). O importe serán 18€.
Para calquera problema ou dúbida avisar a David Villar.

martes 10 de junio de 2008

Segunda Recea

Debido ao éxito da recea que se fixo o mes pasado, á meirande parte da xente, incluíndo profesores, apetécelle repetila. Farase por tanto unha segunda recea de promoción o día 4 de xullo, cando rematan os últimos exames.

Como habería que reservar un lugar con boa capacidade, precisamos coñecer con antelación o número de asistentes. Para iso, mandade un mail a bioloxia007@gmail.com ou dicídello a David Villar, de ser posible antes do día 27 de Xuño.

Escolma de fotos

A escolma coas fotos do acto e da cea que deu a xente está nun DVD na Reprografía da Facultade de Matemáticas. Se non, podedes darlle un DVD virxe a David Villar e vos fai unha copia.

martes 13 de mayo de 2008

Recea de Licenciatura

O día 22 de Maio farase unha cea de Promoción.
Xa confirmou a asistencia Mora, que saíra escollido como primeira opción para Padriño, polo que se lle dará o orlín que temos para el.Hai outros profesores que tamén confirmaron que virían.
O sitio da cea non está decidido porque dependerá do número de persoas que se apunten, pero a idea é que sexa nun sitio normal das ceas de clase, co prezo normal dunha cea.
As listas para apuntarse están en Filosofía, e de ser posible habería que apuntarse (nas listas ou por mail) antes do luns 19 para poder reservar sitio.

domingo 4 de mayo de 2008

Recollida de orla

A orla e demais fotos poden ser recollidas en Tádel a partir do Martes 6 de Maio.
Os CD´s (só dan 10) pasaranse a distinta xente para que faga copias, asemade unha copia será deixada na fotocopiadora de Mate por se non dan chegado esas 10 copias a todos.
Por outra banda, lémbrase que están a recopilarse as fotos que fixemos coas nosas cámaras no acto para facer un DVD con todas. Pasádellas canto antes a algunha das seguintes persoas:
Jose Gil Corpas (Mariña)
Álex González García (Molecular)
Maite López Barreiro (Ambiental)
David Villar Docampo

jueves 3 de abril de 2008

Progamación do Acto

O acto comezará á hora prevista, ás 5 da tarde, polo que hai que estar alí un ratiño antes, contra ás catro e media. É importante que levedes as entradas porque a xente da porta non nos coñece! (Se non as tendes aínda poñédevos en contacto coa organización).
Intentarase colocar á entrada da sala un plano da mesma, no que se indique onde nos corresponde sentarnos (A zona dianteira está reservada para profesores, nós ocuparemos as filas inmediatamente posteriores a elas e debemos colocarnos segundo o noso grupo, e o resto de aforo será para as familias, que se sentarán nesta zona segundo prefiran).
O acto comezará coa apertura pola presidenta da mesa, seguido do discurso e presentación de alumnos e o discurso do Padriño. A continuación será o momento no que nos chamarán para ir recoller os diplomas: subimos, dous bicos/mano, recollemos o que nos dean e o grupo se coloca xunto á orla para facer unha foto, báixase e chaman aos seguintes). Despois fala máis xente e acabará todo en hora e media aproximadamente.
Farannos unha foto de grupo a todos xuntos e iremos ao pincho, en Económicas. Alí volverán pedir as entradas. A cousa durará até as oito ou así.
Os buses veñen recollernos á Praza de Galicia ás 22:00 (intentouse que baixasen antes, pero por mor dunha voda que hai antes non poderíamos entrar). Cada un nese tempo pode ir coa familia ou facer o que lle apeteza, pero a idea de moitos é subir ao Franco e estarmos xuntos por alí.
Despois da cea, nos Robles, temos a barra libre. Para despois vannos dar o selo de Ruta (entrada gratuíta, non inclúe consumición), e cuñaríamos á xente no restaurante, antes de baixar cara alí.
E logo... pois até que a xente aguante!