domingo, 2 de diciembre de 2007

Resultados da reunión do Martes 27

Na reunión do Martes decidíronse as seguintes cuestións:

- As fotos de carnet que nos darán coa orla faranse sen toga
- Incluirase na orla lugar de orixe e especialidade de ser posible, en caso contrario só se porá o lugar de orixe
- O idioma da orla será o galego
- As fotos da orla diporanse por orde alfabética

- O acto de licenciatura realizarase o sábado 5 de Abril pola tarde
- O lugar onde se celebrará o acto será o Auditorio de Galicia

Ademais tentouse decidir o Padriño da Promoción, pero as votacións acabaron en empate e non houbo xeito de chegar a un acordo, polo que a decisión quedou adiada.

No hay comentarios: