O acto comezará á hora prevista, ás 5 da tarde, polo que hai que estar alí un ratiño antes, contra ás catro e media. É importante que levedes as entradas porque a xente da porta non nos coñece! (Se non as tendes aínda poñédevos en contacto coa organización).
Intentarase colocar á entrada da sala un plano da mesma, no que se indique onde nos corresponde sentarnos (A zona dianteira está reservada para profesores, nós ocuparemos as filas inmediatamente posteriores a elas e debemos colocarnos segundo o noso grupo, e o resto de aforo será para as familias, que se sentarán nesta zona segundo prefiran).
O acto comezará coa apertura pola presidenta da mesa, seguido do discurso e presentación de alumnos e o discurso do Padriño. A continuación será o momento no que nos chamarán para ir recoller os diplomas: subimos, dous bicos/mano, recollemos o que nos dean e o grupo se coloca xunto á orla para facer unha foto, báixase e chaman aos seguintes). Despois fala máis xente e acabará todo en hora e media aproximadamente.
Farannos unha foto de grupo a todos xuntos e iremos ao pincho, en Económicas. Alí volverán pedir as entradas. A cousa durará até as oito ou así.
Os buses veñen recollernos á Praza de Galicia ás 22:00 (intentouse que baixasen antes, pero por mor dunha voda que hai antes non poderíamos entrar). Cada un nese tempo pode ir coa familia ou facer o que lle apeteza, pero a idea de moitos é subir ao Franco e estarmos xuntos por alí.
Despois da cea, nos Robles, temos a barra libre. Para despois vannos dar o selo de Ruta (entrada gratuíta, non inclúe consumición), e cuñaríamos á xente no restaurante, antes de baixar cara alí.
E logo... pois até que a xente aguante!
jueves, 3 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

3 comentarios:
cando se pode ir pola orla e as demais fotos??
Enhorabuena por la organización, todo perfecto y muy buena fiesta, jeje
enhorabuena por la organizacion, cena, etc. Y también me gustaría destacar el discurso de david.
Publicar un comentario