Vaise realizar unha presentación con fotos da nosa traxectoria ao longo da carreira. Para ilo pídese a colaboración de todos, que podedes mandar
unha foto á conta creada para ilo:
bioloxia2008@hotmail.com
A poder ser, e para que resulte menos monótona, que sexan fotos de excursións, prácticas, clases, nos pasillos, ceas de clase... e non doutras facetas da nosa vida estudiantil menos relacionadas coa facultade. Ademais da foto en si, pídese que incluades unha breve reseña indicando de que se trata (tipo: "saída de campo de ecoloxía en 3º", ou "á saída do exame de bioquímica en 2º").
A data límite de envío será o luns 24 de Marzo.
Moitas grazas a Jesús Martínez Menéndez e Borja Pérez Casteleiro polo seu traballo nisto!