Deixaranse esta semana unhas listas en Filosofía para que apuntedes antes do 29 de Febreiro cantas das vosas prazas para o acto (5 invitados) ides cubrir. Tede en conta que o cátering se pagará tamén en función do número de xente que se leve.
Se precisades máis desas 5 prazas, enviade un correo electrónico á bioloxia007@gmail.com indicando cantas prazas quereríades, e para quen (para organizar as prioridades en caso de que non haxa abondo). A resposta a estas peticións se dará na primeira semana de Marzo.
Asemade, colgaranse outras listas, tamén en Filosofía, para que apuntedes os grupos de como queredes saír na entrega de diplomas do acto. Sairase de 7 en 7, polo que non fagades ningún grupo que exceda esta cifra. Asimesmo, na medida do posible, non fagades grupos de 6 para non ter que deixar a ninguén descolgado. Estas listas ficarán alí até a última semana de Febreiro.
lunes, 21 de enero de 2008
Reunión 9 e 21 Xaneiro
Nesta reunión decidíronse as seguintes cuestións:
- Elección do cátering (oferta 3: prezo aproximado 6.50+transporte/invitado)
- O idioma do discurso será o galego
Nas votacións sobre o menú elixiuse finalmente o nº2 (prezo 52€)
- Elección do cátering (oferta 3: prezo aproximado 6.50+transporte/invitado)
- O idioma do discurso será o galego
Nas votacións sobre o menú elixiuse finalmente o nº2 (prezo 52€)
domingo, 20 de enero de 2008
Urxente: Xa están listas as fotos da orla
Lembramos que a partir do día 21 de Xaneiro, e durante a presente semana, xa se poden ir buscar e escoller as fotos da orla a Tadel. O luns debe levarse a escolla. A partir dese momento, e se alguén desexa repetilas, fixarase unha data para ilo.
lunes, 14 de enero de 2008
Cambio de padriño
O profesor Pepe Mora comunicou hoxe que non poderá asistir ao Acto de Licenciatura, por mor dun traballo inexcusable, polo que rexeita o papel de padriño da promoción. Lamenta moito non poder responder á nosa petición, que considera unha honra. De todos xeitos quere transmitir o seu agradecemento por ter pensado nel.
Ante este rexeitamento pediúselle que fose o noso padriño ao segundo máis votado, con ampla diferenza tamén sobre os outros candidatos: Gonzalo Álvarez Jurado. Este respondeu favorablemente.
Ante este rexeitamento pediúselle que fose o noso padriño ao segundo máis votado, con ampla diferenza tamén sobre os outros candidatos: Gonzalo Álvarez Jurado. Este respondeu favorablemente.
Segunda convocatoria de reunión
Como xa se sinalou na entrada anterior, a baixa asistencia á reunión do día 9 de Xaneiro obrigou a unha segunda convocatoria para poder ter en conta a opinión de máis xente á hora de tomar as decisións.
A nova sesión terá lugar o Luns día 21 de Xaneiro ás 20:00 na Aula F da Facultade de Bioloxía.
A nova sesión terá lugar o Luns día 21 de Xaneiro ás 20:00 na Aula F da Facultade de Bioloxía.
jueves, 10 de enero de 2008
Acordos da Reunión do 9 de Xaneiro
Debido á escasa asistencia á devandita reunión (unhas 20 persoas), acordouse convocar outra con idéntica orde do día dentro dunha semana (cando sea concedida a aula publicarase a convocatoria) e gardar o reconto de votos dos asuntos tratados onte por respecto á xente que si asistiu.
As listas dos menús da cea están xa colgadas na vella Facultade de Filosofía para que vos apuntedes no que prefirades. Asemade deixaranse varios deseños de diplomas para que escollades tamén o que máis vos guste.
As decisións sobre os outros asuntos serán publicadas despois do reconto final tras celebrar a segunda sesión da reunión.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)