Deixaranse esta semana unhas listas en Filosofía para que apuntedes antes do 29 de Febreiro cantas das vosas prazas para o acto (5 invitados) ides cubrir. Tede en conta que o cátering se pagará tamén en función do número de xente que se leve.
Se precisades máis desas 5 prazas, enviade un correo electrónico á bioloxia007@gmail.com indicando cantas prazas quereríades, e para quen (para organizar as prioridades en caso de que non haxa abondo). A resposta a estas peticións se dará na primeira semana de Marzo.
Asemade, colgaranse outras listas, tamén en Filosofía, para que apuntedes os grupos de como queredes saír na entrega de diplomas do acto. Sairase de 7 en 7, polo que non fagades ningún grupo que exceda esta cifra. Asimesmo, na medida do posible, non fagades grupos de 6 para non ter que deixar a ninguén descolgado. Estas listas ficarán alí até a última semana de Febreiro.
lunes, 21 de enero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario