A seguinte reunión terá lugar o Mércores día 9 de Xaneiro ás 20:00 na Aula F da Facultade de Bioloxía.
Entre outros asuntos falarase do cátering, o deseño do diploma, a elección do menú da cea e o idioma do discurso de alumnos.
lunes, 24 de diciembre de 2007
lunes, 17 de diciembre de 2007
Elección do Padriño
Despois do escrutinio dos 77 votos emitidos, resultou elixido como padriño Mora, cunha puntuación de 83. Ademais foi o candidato que tivo máis votos positivos (55) e menos votos negativos (17).
En segundo lugar, e tamén destacado con respecto aos outros candidatos, ficou Gonzalo. A súa puntuación foi de 62 (47 votos positivos e 22 negativos).

martes, 11 de diciembre de 2007
Ingreso da reserva
Os que teñades xa claro a asistencia ao acto podedes ir facendo un ingreso de 5€ para facer a reserva do Auditorio na conta de Caixa Galicia (a nome de Paso de Ecuador de Bioloxía) co seguinte número:
2091 0151 83 3000067312
Poñede como asunto o voso nome e apelidos seguidos de "reserva".
Discurso de alumnos
A persoa máis votada para dar o discurso dos alumnos foi David Villar.
Tiveron boa representación María Touceda (moitos á vez que David) e Antonio Brigos.
Tamén foron votados Laura, Fon, Rebe e Pablo.

Votos definitivos para o Padriño
Os papeletas para votar aos padriños poden recollerse na fotocopiadora.
Estes poden ser cualificados coas puntuacións de 3, 2, 1, -1 e -2 (non se pode repetir cualificación). Se non se quere puntuar a alguén non é preciso.
Os votos han de entregarse antes do luns 17 ás 14:00 a Rebeca Tallón (Ambiental), Bárbara Teijeira (Mariña), Luis Vale (Molecular) ou David Villar. O reconto farase a tarde do luns.
Os candidatos que resultaron elixidos son:
-Aboal
-Blázquez
-Gonzalo
-Miguel Ángel
-Mora
Novamente Tito Varela quedou ás portas de resultar elixido. Quedaron en boa posición tamén Primitivo, Retuerto, Pulpeiro e Cobo.

Resultados Reunión 10 de Decembro
As decisións tomadas na reunión de onte son as seguintes:
- O lugar definitivo da cea é Os Robles
- Saír no acto por grupos de amigos
- Invitar a todos os profesores ao acto
- Se non contesta algún dos profesores meter a un dos que se quedaron a un voto, escollido a sorteo.
Pídese colaboración a todos para buscar cátering, local para despois e para o deseño do diploma (consultar texto do mesmo a David Villar).

martes, 4 de diciembre de 2007
Listas varias
Colocaranse na columna as listas cos que vos apuntastes a Orla, Acto e Cea.
Podedes corrixir, tachar ou engadir o que sexa necesario. O prazo de correccións será ata o Nadal.
Tamén existe unha lista para que se apunten os que queran participar nun agasallo para José Luis López (contribución de 2 € en principio, supeditada ao número de persoas que se apunten). Estas listas teraas David Villar.

Votos para o Padriño
As votacións para a elección do Padriño faranse por escrito.

Cos 5 máis votados destes, elaboraranse unhas papeletas para que se lles califique.
No mesmo papel se porá tamén o candidato que se quera que lea o discurso dos alumnos.
Para ilo entregarase un papel no que cada un pode expoñer os seus 5 candidatos. O prazo para facer isto rematará na reunión do luns 10 de Decembro.
Os votos podédesllos entregar a Rebeca Tallón (Ambiental), Bárbara Teijeira (Mariña), ambas nas fotos a continuación, Luis Vale (Molecular) ou David Villar, en foto anterior.

Cos 5 máis votados destes, elaboraranse unhas papeletas para que se lles califique.
No mesmo papel se porá tamén o candidato que se quera que lea o discurso dos alumnos.
Resultados reunión Luns 3
Na reunión do Luns 3 decidíronse as seguintes cuestións:
- Incluír na orla ao secretario da Facultade, Javier Iglesias
- Invitar ao acto á Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, á de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e ao Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Salustiano Mato
- Poñer unhas listas para quen quera contribuír nun agasallo a J.Luis López, que se lle entregará no acto
- Realizar a elección do Padriño mediante un sistema de dupla votación escrita (ver a entrada do blog ao respecto disto)
- Realizar, conxuntamente coa elección do Padriño, a votación do representante que leerá o discurso dos alumnos
Ademais, expuxéronse tres posibilidades para a cea (Os Robles, Hotel NH e Gran Hotel). Descartouse a posibilidade do NH e se pospuxo a decisión final ata o próximo luns, por se aparece algunha nova oferta interesante.

domingo, 2 de diciembre de 2007
Novas reunións para o 3 e 10 de Decembro
Convócanse novas reunións para os alumnos de fin de carreira para os luns 3 e 10 de Decembro. Desenvolveranse ás 20:00 na Aula 1.
Tense previsto que nelas se decida o lugar da cea de licenciatura, para o que se pide que a xente busque presupostos detallados (incluindo menús, horarios, e condicións da barra libre se é o caso).
Intentarase asemade desbloquear a elección do Padriño, e decidiranse outras cuestións menores sobre o acto de licenciatura.

Agradecementos dos profesores
Cómpre trasladar o agradecemento que manifestaron a maioría dos profesores que serán incluídos na orla cando lles foi comunicada a noticia.
Amosáronse especialmente agradecidos profesores como Mª Luisa Areses, Oubiña, Celina ou José Luis. Tamén Elisa, a moza da fotocopiadora, pediu que se comunicase o seu agradecemento a todos os alumnos.
Especialmente colaborador para o que precisásemos se mostrou o profesor Reinoso.
Asemade, agás contada excepción, todos aceptaron de primeiras colaborar coa elaboración do orlín de bebés.

Resultados da reunión do Martes 27
Na reunión do Martes decidíronse as seguintes cuestións:
- As fotos de carnet que nos darán coa orla faranse sen toga
- Incluirase na orla lugar de orixe e especialidade de ser posible, en caso contrario só se porá o lugar de orixe
- O idioma da orla será o galego
- As fotos da orla diporanse por orde alfabética
- O acto de licenciatura realizarase o sábado 5 de Abril pola tarde
- O lugar onde se celebrará o acto será o Auditorio de Galicia
Ademais tentouse decidir o Padriño da Promoción, pero as votacións acabaron en empate e non houbo xeito de chegar a un acordo, polo que a decisión quedou adiada.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)