martes, 20 de noviembre de 2007

Fotos Orla

Xa están en Conserxería as listas cos horarios para facer as fotos da Orla no primeiro turno.

Os turnos que hai son do Luns 10 ao Venres 14 de Decembro e do Luns 14 ao Venres 18 de Xaneiro. Podedes facervos fotos en ambos turnos.

Se non estades satisfeitos coas 4 fotos que vos farán, podedes pedir que vos fagan outra proba uns días despois.

As fotos de grupo cos amigos non se fan nestes prazos, senón no segundo cuadrimestre.

Se coñecedes a alguén que estea de Erasmus ou Séneca e non poida ir nestes prazos dádelle o nome a Luis Vale ou David Villar para que falen co fotógrafo, e poderán ir cando veñan por Nadal.

No hay comentarios: